MEDRAN AS DESIGUALDADES

Os medios de comunicación social informan con moita frecuencia de que as desigualdades e as inxustizas están a medrar a diario na sociedade española. Pola contra  as organizacións de atención aos necesitados non dan abasto para atender a todos os que  chegan pedindo alimentos roupa  ou medicamentos.
Non parece conciliable na España do século vinte e un, que a case terceira parte da poboación dependa da atención das organizacións humanitarias, nesta España que o PP di que xa saíu da crise. España sairía da crise marcada polas estatísticas, pero o número de españois necesitados está a ir a máis. Mentres, as desigualdades entre a poboación fanse presentes en toda partes.
Aparellado a estas necesidades, que resulta imposible esconder, aparecen tamén os numerosos casos de corrupción que paseniño vimos coñecendo. Hai pouco que a sociedade se acercou ás urnas apuntando maioritariamente nunha dirección indicativa de que hai que cambiar de rumbo. Pero a maioría da chamada clase política fai oídos xordos e resístese a cambiar porque os obrigaría a deixar o poder. Estes políticos parécense pouco aos da transición.  Agora hai manobras intentado acalar as palabras ansiosas de un pobo que quere limpar de corrupción, de abuso de poder e de inxustiza esta sociedade. Foron uns traidores os que entraron dicindo que chegaban para servir aos cidadáns e que logo se acomodaron convertidos en clase política, e vivindo a costa deles. A desigualdade social arrastra consecuencias moi negativas, non só para as persoas en canto individuos,  senón que empobrece á sociedade no seu conxunto deixando amplas capas da poboación moi tocadas. Unha delas está nos chamados “ninis” que, como é sabido, nin estudan nin traballan. E o malo está en que nin o fixeron nin teñen posibilidade de facelo, e xustifícanse preguntando para que van estudar se logo non hai onde traballar. Así é que o seu futuro está n pobreza para sempre. Que un de cada catro rapaces españois sexa “nini” non debería deixar tranquila a conciencia das persoas conscientes de esta realidade. Esta inxustiza social que o Goberno está deixando de lado degrada a sociedade enteira. Esperemos que o resultado das eleccións que se acaban de celebrar nos ofreza o cambio esperado, respondendo así á vontade da maioría dos electores.

MEDRAN AS DESIGUALDADES

Te puede interesar