Tradicións

Ata os seis anos, en que entrei no ensino regrado, no colexio Jesús Maestro, das Discípulas de Jesús, residín longas tempadas no mundo rural, onde miña mai exercía de mestra nacional, como se chamaba daquela. 
Andei por sitios dos que nada ou apenas gardo memoria, mais tamén na aldea de Cabalar, nas Somozas, xa hai anos comesta polas silvas e outras malezas. Xa escolarizado, andei tamén por Vilar de Mouros, na Capela. Mais deses sitios nada recordo relacionado co chamado Samaín que nestes días á xente lle deu por celebrar. 
Si, pola contra, acórdame ben do Antroido, prohibido ou cando menos, política e eclesiasticamente, reprimido. Tamén lembro ter ido ás cabazas para facerlles caras e meterlles velas á noitiña. Mais iso, xa nos primeiros sesenta, en Ferrol, e sen denominación de ningunha caste. 
Ben anos despois, finais dos oitenta, cadroume coñecer algo semellante a esta actual festa consumista aló pola zona de Piriápolis, no Uruguai. Orixes celtas? Non sei, pero as trazas son de invasión cultural ianqui.

Tradicións

Te puede interesar