PODERASE

|

Otempo e as urnas dirán se “Podemos” e quen de rematar coa alternancia bipartidista e comezar unha alternancia a tres ou máis, que traia o cambio social que moita xente desexa. 
Mais non parece moi doado acadar semellante fazaña de xeito inmediato, se non botan man desa humildade que a outros esixen;  porén, terán que axeitar as súas propostas e deberán facelo axiña, pois aínda que eles podan, somos moitos os que non podemos agardar. Uns porque non teñen nada e outros porque temos moita presa. Os primeiros son os que non teñen saúde, teito ou traballo co que poder gañar a vida; os outros somos os que temos  moito camiño andado e xa non nos queda tempo. Todos necesitamos o cambio xa, pactando se hai que facelo, con sentidiño e con  “Programa, programa, programa”, como dicía Xulio Anguita, un dos mellores políticos desta pobre democracia nosa. Poderase?  Xuntos, si.       

PODERASE