Dos xoguetes rotos

|

Na política, pasa como cos grandes temporais que ás veces asolan as nosas costas. Que nada pasa desapercibido e que deixan evidentes consecuencias. Unhas, as derivadas das forzas da natureza, deixan árbores caídas, desbordamentos de ríos ou  ameazadoras choivas incesantes. As eleccións, deixan gañadores ( aínda que non sempre), múltiples perdedores e tamén xoguetes rotos. 
O candidato Rivera creuse que a valoración e o apoio que se lle anunciaba era auténtico e certificado ante notario. Esquecía que era froito dunha estratexia preparada e manipulada por algúns medios de comunicación, xunto con certos intereses económico-empresariais, para xerar unha unanimidade en torno a el, que na práctica non existía. Puxo unha fe cega nas enquisas artificiais, elaboradas con mimo por diversos sectores que compartían unha visceral aversión aos socialistas. E pasou o que tiña que pasar. Que as cousas que son falsas acaban por perder o brillo e descobren a súa natureza. Pasou da euforia á desesperación e agora é unha ferida ambulante. Noutras formacións tamén cocen fabas. Veremos o que ocorre cando o PP non poida formar goberno. O oder da cohesión a un partido e a ausencia do poder incrementa os conflitos e a desunión. 
No caso de Pedro Sánchez de momento resiste e supera os embates dos seus baróns. Eses xefes territoriais que prometen lealdade inquebrantable, pero que sempre están dispostos a buscar salvavidas, antes incluso de que estallen as tormentas.  Polo de agora ata a lideresa andaluza tivo que pregar as velas e regresar a porto. O exemplo de Portugal é un modelo que aporta a Sánchez esperanza, pero tamén moito, moito osíxeno.

Dos xoguetes rotos