Divorcio entre sociedade e parlamento

O recente debate sobre o estado da Nación reflectiu un fondo divorcio entre o contido dos debates no Parlamento e as angueiras da cidadanía. É decepcionante a incapacidade das forzas parlamentares para acadar os consensos fundamentais que precisa este País, mais non deixa de ser certo que foi Feijóo  quen rachou  anteriores consensos  e quen deconstruiu as políticas de prevención de lumes, mellora do medio rural, ampliación do benestar social  e potenciación das enerxías renovábeis do pasado goberno de coalición. Sendo certo tamén que a axenda dos Gobernos do PP é tan radical canto ás políticas de recurtes que é moi difícil que o electorado dos partidos da oposición sinta a mínima atracción  pola idea de pactar co Goberno.
Mais  é inconcibíbel  que PSdeG, AGE e BNG non sexan quen a se pór dacordo nunha axenda común ou, polo menos, nun conxunto de propostas comúns que lle ofrecer á cidadanía e coa que confrontar coa ausencia de proxecto da  maioría absoluta do PP. É evidente que a alternativa ao PPdeG só pode ser multipolar. Pero semella que as forzas da oposición están a xogar ao xogo das cadeiras musicais, a ver quen fica fóra ou dentro,. A ver quén mellora coa súa táctica a posición relativa entre as tres forzas opositoras, malia que cadanseus electorados obxectivos sexan moito máis compatíbeis entre si e pidan accións e propostas comúns.
Fronte esta incapacidade, a cidadanía anda a artellar novas fórmulas para se facer ouvir.  Velaí o suceso da Iniciativa Lexislativa Popular xurdida dunha comisión cidadá luguesa formada por persoeiros representantes da sociedade civil, entre eles o antigo alcalde Vicente Quiroga, que acadaron en poucas datas máis de vinte  mil sinaturas para garantirlle a todas as cidades galegas os servizos de radioterapia e hemodinámica.
Sen dúbida a sociedade vai moi por diante dos partidos e non vai agardar por eles.

Xulgados sen fotocopiadoras
Varios Xulgados da Coruña están sen fotocopiadora ou coa mesma avariada. Non se cobren as baixas por enfermidade  nin os días de feiras do persoal. O servizo resíntese, malia a dedicación xeralizada dos xuices e dos funcionarios. Os recurtes están a afogar a Administración de Xustiza.

Divorcio entre sociedade e parlamento

Te puede interesar