“Fariña” da o salto ao teatro da man de Xosé Antonio Touriñán e Nacho Carretero e o Colón acollerá a estrea

“Fariña” da o salto ao teatro da man de Xosé Antonio Touriñán e Nacho Carretero e o Colón acollerá a estrea
El Ideal Gallego-2019-09-14-036-2bc25547

Tras o éxito, a pesar da censura que viviu, do libro “Fariña”, do xornalista coruñés Nacho Carretero, no que contaba parte da historia do narcotráfico en Galicia; e a súa posterior adaptación audiovisual, agora “Fariña” dará o salto ao teatro, da man do propio Carretero e de Xosé Antonio Touriñán.

Tal e como explicaba Carretero onte na presentación, esta nova “proposta cultural” nace dunha conversa mantida con Touriñán hai un tempo. “Eu decidinme inmediatamente porque pensaba que isto podía aportar de novo e non ser reiterativos”, sinalaba Carretero, engadindo que o teatro será “un punto de vista moito máis cercano da obra”.

Touriñán tamén reiteraba na presentación o valor desta nova versión, “creo que podemos buscar moitas máis lecturas do que é “Fariña””. Pero non escondía a vertixe que pode dar, “a verdade é que eu teño un pouco de vertigo, porque vén dun gran éxito do libro, vén dun gran éxito a serie, e nós temos que estar á altura, o equipo está formado polos mellores”, comentaba Touriñán.

O elenco de “Fariña” confórmano o propio Touriñán, Marcos Pereiro, María Vázquez, Cris Iglesias e Sergio Zearreta, todos eles dirixidos por Tito Asorey. A adaptación do texto corre a cargo de José Luis Prieto.

Esta nova aventura percorrerá os teatros de toda Galicia, pero a súa estrea será na Coruña, concretamente no Colón, os días 25 e 26 de outubro, con dous pases ambos días, ás 20.30 e 23.00 horas. As entradas xa se poden mercar a través da plataforma Ataquilla.

Música e grafismos 
É unha nova proposta cultural e, por tanto, contará tamén cunha parte musical importante. Tanto, que Novedades Carminha compuxo un novo tema, que será a banda sonora da obra, “Que mal vai ter?”, que sacaron á luz onte.

Ademáis, tal e como quixo destacar onte Carretero, Artur Galocha, o director de arte das revistas “Líbero” e “Retina”, “fixo os carteis e todo o deseño e a arte da obra de teatro”.

Ao acto de presentación acudiron, ademáis do elenco artístico completo e de Tito Asorey, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o concelleiro de Educación e Cultura, Jesús Celemín.

“Fariña” da o salto ao teatro da man de Xosé Antonio Touriñán e Nacho Carretero e o Colón acollerá a estrea

Te puede interesar