PP, PSdeG e BNG presentan enmendas para incrementar a partida da RAG

PP, PSdeG e BNG presentan enmendas  para incrementar a partida da RAG

Partido Popular, PSdeG-PSOE e BNG presentaron onte enmendas aos Orzamentos Xerais do Estado 2012 nas que piden un aumento da partida establecida para a Real Academia Galega. Se ben os populares piden que a cantidade se axuste ás destinadas para as Reais Academias de Euskadi e Cataluña e que rondan os 700.000 euros, os socialistas solicitan un aumento de 600.000 euros e os nacionalistas, de 620.000 euros co obxectivo de igualar á cifra recibida o ano pasado.

Por outro lado, o deputado popular Antonio Erias aseguraba que os orzamentos incrementarían en todo caso a cantidade para a institución. Ademais, desde a Xunta amosaban a súa satisfacción pola enmenda presentada polo grupo parlamentario popular no Congreso. Aseguraban que isto producíase tras as xestións realizadas por Goberno autonómico despois do compromiso adquirido por Núñez Feijóo co presidente da RAG, Méndez Ferrín.

Neste aspecto, o Bloque criticaba o feito de que a RAG recibise 380.810 euros en comparación coas partidas previstas para as Reais Academias de Euskadi e Cataluña. O representate do BNG en A Coruña, Xosé Manuel Carril, manifestaba que esta discriminación podería considerarse “un agravio e incluso unha aldraxe” para todos os amantes do galego ou respetuosos co idioma. Os nacionalistas queren para a institución a mesma cifra de máis dun millón de euros que se contemplaba en 2011.

Nesta postura coinciden tamén os socialistas, quenes solicitan para á RAG 600.000 euros máis do estipulado no proxecto co fin de aproximarse ao orzamento do ano pasado. O autor da enmenda, Guillermo Meijón, sinalaba que o partido pretende que a Real Academia Galega teña a aportación orzamentaria que se corresponde en trato igualitario ao resto das Academias da Lingua. O representante destacaba que esta decisión proviña dun goberno liderado por un galego coma Mariano Rajoy, que “discrimina la Real Academia Galega destinando una partida de tan solo 380.840 euros, mientras que consigna 761.650 a la catalana y dos partidas que ascienden a 705.509 euros para la vasca”. Meijón instaba aos deputados galegos do PP a apoiar a enmenda.

 

PP, PSdeG e BNG presentan enmendas para incrementar a partida da RAG

Te puede interesar