O legado da coruñesa Luísa Villalta xa vive para sempre no Ramón Piñeiro

O legado da coruñesa Luísa Villalta xa vive para sempre no Ramón Piñeiro
Varias fotos persoais de Luísa Villalta presidiron a sinatura do convenio entre a familia e o Centro Ramón Piñeiro

Só tivo 46 anos para facelo, pero o talento de Luísa Villalta soubo tirar abaixo os muros do tempo para converter o curto espazo que lle deu a vida nunha fonda carreira. Unha vida e obra que agora están en mans do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, que será o de agora en diante se encargue de custodiar, divulgar e estudar un legado que xa é inmortal.
O Pazo de San Roque acolleu o venres o acto solemne da sinatura do acordo polo cal a familia da escritora coruñesa lle fixo entrega ao centro de investigación de innumerable documentación da que xa é unha “das autoras máis importantes da literatura galega recente”, en palabras do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

Máis de 1.500 documentos
Máis de setecentas fotografías da escritora, unhas 600 cartas da correspondencia entre a artista e outros creadores galegos, cataláns, vascos ou portugueses, medio cento de cadernos dietario, media ducia de poemarios manuscritos inéditos, unha peza teatral inédita mecanoscrita, un centro de conferencias con anotación manuscritas, varios mecanoscritos con notas manoscritas de obras xa editadas, gravacións sonoras e videográficas de eventos nos que Villalta participou e documentación personal como o pasaporte, o DNI ou libros de escolaridade diploma. Forma todo parte do gran legado vital que deixou Villalta á súa familia e que agora esta de forma “xenerosa” doa ao Centro Ramón Piñeiro que agora clasificará e dixitalizará todos estes fondos. Ademais, traballará na exhumación de obras inéditas e no estudo do conxunto da produción da autora coruñesa.
Tal cantidade de obras, obxectos e documentación define o que foi a vida dunha autora con gran forza e compromiso social. Que fixo dos seus 46 anos de vida un non parar de traballo e implicación coa cultura.
Non en van, ademais dos seus traballos literarios autónomos, era licenciada en Filoloxía Hispánica e Filoloxía Galaico-Portugyesa pola Universidade de Santiago, carreiras que lle permitiron traballar como profesora de lingua e literatura galega no ensino medio, e ademais tamén titulada superior en violín.
Agarrada ao seu instrumento musical formou parte da Orquestra de Santiago de Compostela, da Xove Orquestra de Galicia e tamén de diferentes grupos de cámara galegos.

Música e palabra
Esta experiencia musical foi tamén moi influínte na súa creación literaria, da que queda constancia en obras como o ensaio “O outro lado da música” e en artigos como “A música e nós”, “Poética. Sobre un certo estado de conciencia” ou “A lingua dos sons”, onde Luísa Villata fala da relación que hai entre a palabra a música e da súa particular experiencia persoal nos momentos creación.
Do mesmo xeito estivo presente a súa conciencia de ser muller, en obras como “Papagaio”, no que poemiza sobre a demolición deste barrio coruñés mentres equivale a situación da resistencia coa da feminidade.
Chea de forza e vitalidade, Villalta mostrouse como unha autora con ansia continua de creación, da que dan boa mostra as súas participacións en seminarios, en recitais, en conferencias, os artigos en medios de comunicación... En definitiva, en toda aquela atalaia que se lle poñía por diante.
E niso estaba cando a morte sobreviu de forma inesperada, cando estaba chea de ocupacións, proxectos e esperanzas. Con só 46 anos un fulminante paro cardiaco foi o único capaz de calar a súa voz.
Pero só foi momentáneo, porque Luísa Villalta xa conseguira deixar tras de si un gran legado de palabra e unha vida chea de acontecementos que agora se traducen nos pais que xa conservan os arquivos do centro Ramón Piñeiro.
Alí os deixaron o venres súa nai, María Gómez Castro, e súa irmá, Susana Villata Gómez. Máis de 1.500 documentos que o centro de investigación, que precisamente cumple nestes días os sues 25 anos de historia, recibiu cos brazos abertos e tratará coa maior das delicadezas para manter ese “traballo rigoroso que os fixo merecentes da confianza que as familias de estudosos e literatos cuxas pertenzas” custodian, como sinalou o secretario xeral de Política Lingüística ante a familia da autora coruñesa. l

O legado da coruñesa Luísa Villalta xa vive para sempre no Ramón Piñeiro

Te puede interesar