A Fundación Emalcsa inviste 250.000 euros para impulsar a inclusión social

A Fundación Emalcsa inviste 250.000 euros para impulsar a inclusión social
A alcaldesa Inés Rey, durante unha das iniciativas que se beneficia do programa ‘Deporte Solidario e Inclusivo’ | cedida

María Pita acolleu a sinatura dos convenios coas entidades deportivas seleccionadas na sétima convocatoria de ‘Deporte Solidario e Inclusivo’, promovida pola Fundación Emalcsa para impulsar a inclusión social a través do deporte.

A fundación subvenciona o desenvolvemento de 23 proxectos que teñen como obxectivo fomentaren o deporte para a integración de colectivos en risco ou en situación de exclusión social.En total, destínanse 250.000 euros a 23 entidades que lles dan emprego a 312 traballadoras/es e mobilizan a 372 voluntarios.

A alcaldesa e presidenta da Fundación Emalcsa, Inés Rey, asegurou que este programa “manifesta o noso compromiso e o da fundación coa igualdade de oportunidades, coa integración social e o fomento do deporte base, e no contexto que estamos a vivir pola pandemia serve para mitigar o impacto negativo da crise económica no tecido social e deportivo da cidade”.

Esta convocatoria mantén a vocación do programa de lle dar prioridade á dimensión social e inclusiva das iniciativas presentadas e, por iso, valora a creación de vínculos con entidades especializadas na atención a colectivos vulnerables.

O obxectivo global da convocatoria supera as 11.000 persoas beneficiarias, de acordo coas estimacións presentadas polas entidades para os seus proxectos correspondentes. Máis de 290 prazas para gozar de forma gratuíta de diversas actividades deportivas, destinadas principalmente a nenas e nenos.

As entidades subvencionadas son: Asociación Cultural Alquimia Inline, Torre SD, Club Natación Coruña, Agrupación de Montañeros Independientes, Escuela de Tenis Marineda, Orillamar SD, Club Halterofilia Coruña, Unión Vecinal Ventorrillo, Club Zalaeta 100 Tolos, CRAT, Club del Mar San Amaro, Eirís SD, Club Esgrima Coruña, Real Sociedad Deportiva Hípica de A Coruña, Athlétic Coruña Hóckey Club, Real Club Náutico de A Coruña, Spórting Club Casino de A Coruña, Sociedad Deportiva As Xubias, Club Maristas, Club de Ximnasia Rítmica María Barbeito, Club Marítimo de Oza, Escuela de Fútbol de Novo Mesoiro.

A Fundación Emalcsa inviste 250.000 euros para impulsar a inclusión social

Te puede interesar