VIVE LISBOA A SORRIR

Afrase que dá título a estas liñas é o que figura nas mesas e estampado na traseira das camisetas dos empregados e empregadas do Bananacafé, un pequeno local –un tranvía fóra de uso– sito en Belem, ó pé do mosteiro dos Xerónimos.
Mais a realidade é que Lisboa xa non sorrí. Como Portugal enteiro. A capital segue a ter, isso si, a fasquía antiga e señorial da que fala o fado. Mais, isso é outra cousa.
Hai bem anos –mediados dos setenta, oitenta e primeiros noventa– viaxaba com bastante frecuencia a Portugal todo, de norte a sul: falar portugués, mercar libros, ver monumentos, museos, algo de teatro e, sobre todo, rúa e, tamén, como non, praias cando era o tempo de ir a elas.
Sempre gustei de Lisboa. Agora había case vinte anos que non viña e movinme como se tivese estado hai un par de meses. As amizades contáronme que Portugal xa non é dos portugueses. É, quen o ía dicir, de alemáns, brasileiros e angolanos, fundamentalmente. E ten un goberno “mais alemão que o alemão”, como se le en abundantes vallas. Non hai soberanía, mais si se ve moita penuria e tristeza.

VIVE LISBOA A SORRIR

Te puede interesar