Miércoles 21.11.2018

Das malas decisións

hai decisións malas e peores. Hainas fondamente desafortunadas

hai decisións malas e peores. Hainas fondamente desafortunadas e que semellara que, feitas a propósito, non serían tan nefastas nin causarían tanto dano a tanta xente. Non se trata só de acertar senón mais ben de facer pedagoxía dende a xustiza e dende o sentido común. Liberar á Manada é unha mala decisión.
É como facer unha apoloxía inadecuada do inxusto polo que supón de cambio de roles das vítimas e dos verdugos e pola desautorización da vítima e da súa exposición, xa de por si excesiva, a presións de moi diversos tipos innecesariamente. Hai manadas que mereceran non saír dos toriles.
Foi unha semana nefasta nas tomas de decisións. Donald Trump, o ocorrencias, pecha en gaiolas a menores que chegan ao país, separándoos cruelmente das súas familias. Ridículo, esperpéntico e de vergoña allea. Nunca un país ao completo sentiuse tan vexado e humillado.
Ninguén tirou pola borda a imaxe dun pais en tan pouco tempo. O ministro Salvini segue a avergoñar a Italia, á Unión Europea e á Humanidade no seu conxunto. Non contento co seu incivismo antihumanitario, agora quere facer un censo dos de etnia xitana. Insiste en poñerlle portas ao campo en lugar de trazar estratexias conxuntas que eviten os dramas da inmigración.
Hai persoas que non teñen altura para estar desempeñando cargos que representan a toda unha sociedade. E os partidos e as sociedades deberan telo en conta. Avergoñarse tan só xa non é suficiente. Hai que esixir intelixencia, humanidade, respecto e compromiso. Teñamos claro que a ideoloxía importa. E moito.
Mereces toda a sorte do mundo –díxolle El–, tes a maxia de eliminar as malas horas e encher de emocións Sur os invernos desnortados onde habita a tenrura...

Das malas decisións
Comentarios