Benito Portela: “Estes seis meses foron os da volta á normalidade a Sada”

Benito Portela: “Estes seis meses foron os da volta  á normalidade a Sada”
Benito Portela, alcalde de Sada | Javier Alborés

Después de seis meses ‘apartado’, a cidadanía devolveu a Portela a Alcaldía de Sada.

 

Como resume estes cen días para Concello de Sada? 
Como unha volta á normalidade. Ese era o no noso primeiro obxectivo, o de recuperar a normalidade. Porque unha administración local ten que traballar día a día en obras e servizos para mellorar a vida dos veciños. A parálise dos seis meses anteriores foi evidente, tanto na contratación de obras como en servizos que nós licitamos.

 

En que punto está o proxecto para o río Maior? 
Tivemos xuntanzas coa directora de Augas de Galicia e coa conselleira, para abordar este proxecto, recibido no concello dous días antes da censura, o 16 de novembro de 2022. E as aportacións municipais a ese proxecto enviámolas nós en agosto deste ano. Confiamos en que sexan atendidas e incorporadas ao proxecto definitivo, que esperemos que se someta a información pública nos vindeiros meses. Para a súa financiación temos o compromiso da Xunta –un tercio– e a nosa obriga o buscar o resto. 


Pedirán colaboración á Deputación da Coruña? 
Temos solicitada unha reunión dende o día que falamos coa conselleira. Esa é unha das vías, pero tamén existen fondos europeos para a finalidade do proxecto, que pode solicitar tanto a Xunta como Sada.

 

Cal é a situación de La Terraza? 
No pleno anterior acordouse deixar o asunto sobre a mesa porque a oposición botaba de menos algunha documentación, que se foi incorporando ao expediente nas últimas semanas. A Xunta contestou en dez días con informe favorable ao proceso de innecesariedade e nós, o Concello de Sada, que deberiamos ser os máis interesados, estamos sen contestar. Por outra parte, non entendemos como en xaneiro se ten unha postura unánime e nuns meses, se cambia radicalmente. O decreto BIC emprázanos a aprobar un plan director e nós queremos ser partícipes na rehabilitación do edificio máis emblemático de Sada.

 

Negociará con todos os Orzamentos 2024? Aínda confía en acadar esa maioría progresista?
Negociaremos con todos sen excepción e trataremos de dar a Sada a estabilidade que necesita.
 

Benito Portela: “Estes seis meses foron os da volta á normalidade a Sada”

Te puede interesar