“En pretérito seguinte”, en el Kiosko Alfonso

O Kiosko Alfonso ofrece unha mostra dos artistas  Mico Rabuñal, Correa Corredoira, Lara Pintos, Manuel Suárez, Pilar Cancio e Samuel Castro, que leva o paradóxico título de “En pretérito seguinte”. Tal denominación lévanos a reflexionar que a arte nútrese, en gran parte, da evocación e da emocionada lembranza e que hai aspectos do pasado e das vivencias que deixan pegadas imborrábeis no imaxinario do creador. Por eso atina Mico Rabuñal cando destaca a importancia que teñen as emocións e os recordos; o que, no seu quefacer, se traduce en excelentes esculturas talladas en pedra nas que reproduce obxectos humildes, como o tenis blanco de “Camino revienta”, as chaves caídas no chan de “Pérdida” ou a goma de borrar sobre a páxina dun caderno escolar, na obra “Tengo que atención más prestar”;  tamén fai chiscos irónicos a aspectos sociais ou políticos, como sucede en “Brexit” donde dun expremedo tubo sae pasta en forma da bandeira británica. 
 

Pilar Cancio ofrece unha serie de tintas chinesas nas que demostra un extraordinario dominio da augada, o que se traduce en  en visións casi abstractas de poéticas  paisaxes, como “Os campos”, “As néboas”,,”Os mares”, “As areas”... nas que consegue captar todo o misterio evanescente da luz e das sombras. Lara  Pintos busca reflectir a intimidade.da casa, os recunchos acolledores  do espazo habitado,  cuxo goce consegue transmitir sobre todo na serie de debuxos feitos con grafito acuarelable.  A obra que presenta Manuel Suárez está toda ela inspirada no mar e, por medio dunha polifónica sinfonía de azuis, busca mostrar toda a potencia oceánica do noso Atlántico e a magnífica tensión de forzas que latexan nas súas augas, as veces alporizadas, como sucede nos cadros que titula “Forte” ou “Augas da tarde”, e, outras, transmisoras de contemplativos i ensoñadores horizontes, como na serie “Da calma”; por medio de expansivas pinceladas ,como é habitual nel, abre ámbitos de suxerencia cara aléns anceiados  e recunchos nos que arrolar os íntimos soños . Samuel Castro presenta unha instalación  titulada “Paxaro de fogo” na que, nun espazo totalmente escuro, e por medio de luces  LED  consegue transmitir  a fuxitiva e asombrosa visión do aletexante  e rítmico vóo das ás de grandes aves. 
 

As obras de Correa Corredoira  “Verdugo”, “Degolación do bautista”, “Abismo do heroe”, “As santas mans”, “Campo de Morgade”. e, en especial, o enorme cadro no que, entre signos petroglíficos e ceos aluarados, pinta o “Martirio de Francisco Miguel”,  pintor asesinado en 1936 despois de lle amputar as mans, representan con patético expresionismo  a traxedia xenerada pola crueldade, que él traduce en arrepiante berro, a través da forma distorsionada  coa que remite, a veces, a Caravaggio e ao “Guernica” de Picasso; representa así a eterna e laocontiana loita do ser humán que ten que se enfrontar coas inxustizas e a barbarie. Como sempre, as obras destes seis artistas dan fe dos  variados camiños e innúmeras posibilidades expresivas que permite a arte.

“En pretérito seguinte”, en el Kiosko Alfonso

Te puede interesar