Nun mundo fragmentado

Cooperación nun mundo fragmentado. Velaquí o lema do próximo Foro de Davos, a celebrar en datas próximas nas altas cumes dos montes suízos, un lugar xeográfico que é metáfora da maneira na que dende a altura do seu interese particular, os dirixentes empresarias, gobernantes de quenda, representantes de organizacións internacionais e, para quedar ben, tamén algunha voz da sociedade civil e do mundo da ciencia, na que crean os marcos de comunicación e axenda política, económica e social. Sen dúbida algunha, non todo é uso perverso da súa posición, capacidade de influencia e manexo dos estados de opinión pública; no encontro hai reflexión e debate de interese xeral e utilidade social, con propostas que moitas da veces fican só no papel que recolle o discurso.


Daquela, sabendo que o mundo de hoxe atópase nun punto de inflexión; a confluencia da crise do Covid-19 e a guerra de Ucraína sacudiu o sistema económico e social global e incrementou a incerteza, con menor crecemento e maior inflación; así, os organizadores do encontro destacan que os acontecementos recentes en todo o mundo urxen a que tanto o sector público como o privado aborden os principais riscos sistémicos, para evitar toda unha década de incerteza e fraxilidade.  Para iso, o programa terá un dobre enfoque: por unha banda, buscar pancas para abordar os desafíos actuais e, ao mesmo tempo, situalos no contexto da transformación cada vez máis rápida do mundo no que vivimos. Con este pensamento como pano de fondo, as reunións desta plataforma de negocios e política, viran nesta ocasión ao redor de varios temas de actualidade que poñen foco nas crises enerxéticas e alimentarias no contexto dun novo sistema para a enerxía, o clima e a natureza; e, tamén na economía de alta inflación, baixo crecemento e alta débeda no contexto dun novo sistema para o investimento, o comercio e a infraestrutura. Reparemos que a escalada de prezos que estamos a vivir, cuxo orixe vén determinado, entre outros, polos prezos da enerxía, de materias primas e os problemas nas cadeas de subministracións, están a carrexar un proceso de empobrecemento da maior parte da poboación, especialmente dos e das traballadoras, mentres aumentan sen control as marxes empresariais. A resposta das autoridades monetarias, pola contra, foi, e continúa a ser, un aumento dos tipos de interese que xerará máis desemprego e maior desigualdade social. Esta política económica seguida pode ser un bo exemplo do que ocorrerá nos  procesos de transición ecolóxica se se continúa baixo as receitas da ortodoxia económica. Unha cousa é certa, de Davos non virá solución nin saída xusta a unha crise que si ten remedio.

Nun mundo fragmentado

Te puede interesar