Fidel Goás e J. Sanjurjo en Xerión

Na  súa  exposición  actual, a galería Xerión xunta, felizmente, a Fidel Goás (Oleiros, 1957) e Julio Sanjurjo ( A Coruña, 1958), dous artistas singulares e  rompedores, cheos de pulo creador, do que lles agroman obras vivas, abertas, cheas de suxerencias reveladoras, como debe suceder con toda verdadeira “póiesis”. Son dous artstas “puros”, non contaminados por tendencias,  que  escoitan a inspiración interior, que deixan  que fale a materia para que poida ser transmisora de emocións  e que configuran as súas obras buscando a  máis inusual beleza . Si maravillosas e cheas de vibrante cor son as paisaxes ensoñadas de J. Sanjurjo, as esculturas de Fidel son metáforas de materia transfigurada que deveñen en pulidas xemas  achegadas ás fontes telúricas ou en lixeiras e aéreas ensoñacións que piden verticalidade. Un xardín de delicias visuales de potente lirismo circula polas pinturas de Sanjurjo; de maneira que os motivos: matas de vexetación, altísimos i hieráticos troncos de árbores, casiñas, paxaros pousados en ponlas desnudas que se abalan no baleiro... son pretextos para crear idílicos paraísos visuales de exultantes azuis e verde esmeralda, como sucede con “Gran bosque”, “Bosque largo ou “Casi noche”; pero é en cadros máis sintéticos como”, “Playa”, “Almuerzo” ou “Casa con cipreses”, onde atinxe unha síntese exquisita entre o espazo aberto suxerido polo mesmo lenzo de liño e as estilizadas figuras protagonistas. Unha aportación novedosa son os relevos construidas con superposición de follas recortadas. De F. Goás, xa temos dito que nin a pedra nin a madeira teñen segredos para él, pois a súa ollada visionaria sabe ver a forma oculta que agarda nas súas entranas, de maneira que consigue dar a luz esculturas que nos asombran pola rigurosa síntese que atinxe un sutil refinamento, que se manifesta  con exquisita elegancia na pureza de liñas, ao que hai que engadir os valores tactiles e as ecoanzas telúricas, sobre todo cando se trata de pedra. Pode así capturar a “Alma do bosque” para transformala en expectante paxaro;, pode mostrar o pathos inherente a toda forma viva, como en “Galiña hostil” ou “Congrio enfadado”; pode falar de eterno xiro, como en “Máquina de mimos”; invitarnos á contemplación como en “Meditare” na que transforma unha gran táboa de castaño en sedente tarima; pode abrir fiestras para  ensoñar, como en “Primer vueliño”, construir un  Patín para abalarse, unha “Ponte dos xustos”, ou unha casiña na que refuxiarse. A arte é para él, como ten dito “ man amiga, sacrificio voluntario,, elevación cara o espíritu”. Medium entre  as forzas que latexan na materia e os inspiradores númenes que adveñen á súa man, fai emerxer as imaxes agochadas, con feituras onde as cousas coñecidas se transmutan en símbolos. Para ambos artistas, a natureza –como quería Leonardo da Vinci– é a gran mestra, e  saben escoitar os seus dictados, pero é o seu rico maxín o que acerta a transfiguralos e o que lles insufla esa ardente polifonía de inéditas e extraordinarias creacións.

Fidel Goás e J. Sanjurjo en Xerión

Te puede interesar