Os candidatos súan tinta

están en marcha as eleccións xerais ao Congreso dos Deputados e ao Senado. Foron convocadas polo Real decreto 400/2023, do vinte e nove de maio e celebraranse, como ben saben a maioría de vostedes, o vindeiro domingo, 23 de xullo. Polo tanto, se teñen tempo, repasen os programas da oferta e vaian á mesa coa resposta eficiente e contundente.


A papeleta é unha ferramenta  que levan os cidadáns no peto e que ten un enorme poder ao depositala na furna. Nesas furnas colocadas por pares (para o Congreso e para o Senado) en cerca de catro mil mesas electorais distribuídas nos Colexios electorais de Galicia.


O día 23, os galegos elixirán a vinte e tres deputados, catro por cada unha das circunscricións de Lugo e Ourense, oito pola circunscrición da Coruña e sete pola de Pontevedra. En total, nas listaxes electorais aparecen trescentos setenta e sete nomes de mulleres e homes, distribuídos en corenta e dúas candidaturas, once en A Coruña, igual que en Ourense, e dez en cada unha das outras dúas provincias.


O Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG-PSOE), O Frente Obreiro (FO), O Partido Popular (PP), O Bloque Nacionalista Galego (BNG), Recortes Cero, Por un mundo máis xusto (PUM+J), Vox, Partido Comunista dos Traballadores de Galicia (PCTG), Sumar Galicia e Partido Animalista con el Medio Ambiente (PACMA) preséntanse nas catro circunscricións. Algúns deles teñen na listaxe de suplentes un elevado número de nomes, colaboradores electorais que, ao mesmo tempo, poden desfrutar dos beneficios (se é que os hai) de pertencer a unha candidatura electoral.


En A Coruña e Ourense preséntanse a estas elección do vindeiro 23 dúas candidatura máis, “Soberanía Ciudadana” na circunscrición da Coruña e “Coalición de Centro Democrático”, por Ourense. A primeira delas non presenta suplentes e a segunda presenta dúos. Ao sumar os nomes de tódalas candidaturas, incluídos os suplentes para o Congreso e para o Senado, son seiscentos quince, un bo número de efectivos na contenda continua para gañar a representación de nosoutros e exercela alá, en Madrid.


Para o Senado, en Galicia elixiranse dezaseis senadores, catro por cada unha das provincias. Para estas eleccións nas listaxes aparecen 238 nomes, moitos deles son suplentes, do primeiro, do segundo e do terceiro candidato de cada unha das candidaturas. A estes dezaseis senadores hai que sumar tres nomeados polo Parlamento de Galicia.


Os candidatos e candidatas están en campaña, andan polas rúas, polas prazas públicas, nas redes socias e nos platós televisivos “prometendo o ouro e o mouro”, como di a Tía Manuela, “nestes días súan tinta”.

 

Os candidatos súan tinta

Te puede interesar