Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

As familias galegas retornadas poden solicitar as axudas extraordinarias de Emigración para o seu asentamento

0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620

O Goberno galego mantén aberta a convocatoria da liña de axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e que teñen como obxectivo axudarlles a afrontar os gastos excepcionais que supón o seu asentamento na comunidade autónoma. En total, a Xunta destina a este fin un orzamento para 2024 de dous millóns de euros.

O fomento do retorno dos galegos do exterior é unha das liñas estratéxicas do Goberno autonómico para “facer fronte ao reto demográfico, non só como unha cuestión poboacional, senón que se trata tamén de sumar talento para enriquecer o tecido empresarial”, destaca a Xunta.

O importe da axuda, que se pode solicitar ata o próximo 30 de setembro, establécese en función dos puntos obtidos ata chegar a un límite de 6.000 euros, xa que se incrementa a axuda se a familia reside nun concello rural, e en función do número de fillos.

Os principais países de procedencia das persoas beneficiarias son, segundo os datos da Xunta dos últimos  anos, Venezuela,  Arxentina, Brasil, Cuba, Uruguai, México, Suiza, Alemania, Francia, Reino Unido, EEUU e Chile. A maioría dos beneficiarios eran fillos de nacidos en Galicia, aínda que se está a notar un “aumento no número de netos retornados”.

A Xunta destaca que “todos os galegos do exterior que desexen volver a Galicia contan co apoio” da Oficina integral de asesoramento e seguimento ao retorno, situada nas principais cidades galegas e onde se lles facilita toda a información e tamén un proceso de acompañamento que precisan no seu regreso, “mesmo antes de que se produza esta volta, desde o seu país de residencia”. Agora tamén, nunha oficina móbil que percorrerá Galicia.l

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620