lunes 30/11/20

Mosquera, Lucas, Domínguez e Álex representarán ao Depor na selección

Vigo foi o escenario onte da presentación de Míchel Salgado e Fran González como seleccionadores galegos para o amigable que se disputará o vindeiro día 20 no estadio municipal de Riazor ás 20.30 horas.
Os adestradores galegos, ex do Celta e Deportivo, respectivamente, aproveitaron a súa posta de longo para ofrecer a listaxe de vinte futbolista cos que contarán no encontro ante Venezuela.
 
Os adestradores deron a convocatoria para o día 20	fgf

O Deportivo estará representado nese partido por Pedro Mosquera, Lucas Pérez, Juan Domínguez e Álex Bergantiños. Este último foi incluido como defensa, xa que nesa demarcación a selección anda máis coxa ao non poder contar para o amigable cos xogadores galegos de Segunda División. 
Na convocatoria tampouco puideron entrar os futbolistas Lucas Vázquez, do Real Madrid, e Diego López, do AC Milan, que teñen compromisos cos seus respectivos clubes.
O Celta, como o Deportivo, estará representado por catro futbolistas. Tamén destaca na relación a presenza de Antonio Barragán, que regresará a Riazor, e do canteirán do conxunto herculino Angeliño, que milita nas filas do Manchester City.
Na rolda de prensa que ofreceron onte en Vigo, os seleccionadores abogaron por un Riazor cheo para acoller o regreso da selección galega absoluta tras oito anos de ausencia. Tanto Fran como Míchel Salgado pediron que a rivalidad entre Deportivo e Celta quede apartada neste encontro, que debe ser unha festa para Galicia.
“Todos van a animar no estadio de Riazor. So haberá as cores da bandeira galega. Todos unidos”, explicou o que fora capitán do Deportivo nos mellores anos da historia do clube branquiazul.  
Míchel Salgado indicou que “non hai nada máis bonito que empezar como adestrador que facelo na Selección Galega”.
Fran agradeceu o traballo da Federación Galega para poñer en marchar o partido.
As entradas para o encontro xa están á venda tanto na Oficina de Atención ao Deportivista de Riazor como nas sedes da Federación.

Mosquera, Lucas, Domínguez e Álex representarán ao Depor na selección
Comentarios