Xulia Vicente | “Emma Ríos foi un dos meus exemplos nos cómics”

Xulia Vicente | “Emma Ríos foi un dos meus exemplos nos cómics”
xulia vicente_17243226

A ilustradora galega Xulia Vicente visitará mañá, ás 18.00 horas, o salón internacional do cómic Viñetas desde o Atlántico para presentar o seu último proxecto didáctico xunto á Mesa pola Normalización Lingüística, “O tempo cronolóxico”.

“É un libriño educacional cunha escolma de vocabulario en galego sobre o tempo cronolóxico, como por exemplo os meses, as semanas... E van todas as palabras ilustradas”, explica Vicente. A escolma de verbas está feita pola Mesa e Vicente pon a man para ilustralas.

Pero o traballo habitual da ilustradora galega céntrase nos cómics, “tamén algunha ilustración, como por exemplo portada de libros, pero sobre todo eu ao que me adico é á banda deseñada”, comenta Vicente. Hai uns anos publicou unha obra chamada “Duerme pueblo” e agora traballa na triloxía de corte fantástico “Sello de Dragón”.

Galega de nacemento e valenciana de adopción, xa que marchou a terras levantinas para estudar Belas Artes, centrándose na rama da animación. Despois de pasar alí catro anos, “xa tiña un círculo de profesionais máis ou menos ao redor, e fixen un poucod e Valencia o meu fogar nos meus primeiros pasos no mundo da ilustración e quedei por alí”, conta, aínda que matiza que volta “regularmente” a terras galegas.

Referentes e estilo 
As influencias, ou referencias de Vicente van dende artistas locais a internacionais. Por exemplo, “Emma Ríos foi un dos meus exemplos nos cómics, como muller, da Coruña, que se adicaba aos cómics de superheroes e foi un piar importante para min”, di a ilustradora. 

Expandindo algo máis a mira, unha influencia importante no estilo de Vicente é o ilustrador, productor e director de cinema de animación, Hayao Miyazaki; e “tamén me gusta moito, a nivel narrativo, como traballa Mike Mignola”, engade.

Dada a súa visita a Viñetas, poderá compartir tempo e espazo con grandes figuras do cómic e da ilustración. Entre todos eses persoeiros, destaca á británica Isabel Greenberg, da cal lle “interesa moito” o seu traballo e á que lle gustaría poder visitar nunha das súas charlas.

Sobre a súa forma de traballar, conta cunha combinación de tradición e tecnoloxía. “Fago os bosquexos, lapis e tinta, en analóxico e despois para dar a cor si que paso a dixital, para poder editar máis facilmente”, explica a autora. O tradicional, para traballar especialmente a nivel ilustración ou álbum é máis complicado e “limitado” á hora de editar.

Xulia Vicente | “Emma Ríos foi un dos meus exemplos nos cómics”

Te puede interesar