Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Cultura

Chega unha nova edición do certame 'Lingua de Namorar'

0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif

O secretario xeral da Lingua, Valentín García e a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, presentaron no pazo de San Roque a décimo cuarta edición de Lingua de namorar, o certame en liña que promove entre a mocidade o uso da lingua galega entre a mocidade e en redes sociais a través de mensaxes de amor.

Tal e como indicaron os representantes da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, trátase dun certame impulsado polo Goberno galego que conta con tres categorías: dúas para a web e unha exclusiva para a rede social Instagram. Neste senso, convidaron á mocidade a achegar as súas mensaxes que serán recibidas ata o 17 de marzo e que deberán estar escritas en galego, ben sexa en prosa ou en verso.

Para participar a través da páxina web os participantes terán que presentar un formulario de inscrición no portal propio do certame. A primeira modalidade é para a mocidade de 14 a 19 anos, mentres que a segunda abrangue o tramo de idade dos 20 ata os 35. As mensaxes que participen nestas dúas primeiras non deberán superar os 350 caracteres e serán publicadas na páxina do concurso, identificadas polo título e o número que se lles asigne. As declaracións de amor gañadoras serán as únicas que, posteriormente, se identifiquen co nome e apelidos dos autores.

Pola súa parte, a modalidade exclusiva para Instagram, está aberta a toda a mocidade desde os 14 aos 35 anos, que poderá participar directamente na imaxe habilitada para o concurso no perfil @xuventudegalicia. Neste texto indicarase, en primeiro lugar, un cancelo que recolla o título e, a seguir a mensaxe de amor. Ao final da dita publicación engadirase tamén o cancelo #LinguaDeNamorar. Ademais diso, as persoas participantes deberán etiquetar dúas amizades da rede social e seguir as contas @linguagalega e @xuventudegalicia, sen exceder os 200 caracteres nas mensaxes.

Fase de votación e persoas gañadoras

As dúas primeiras categorías contarán con dúas fases de selección. Na primeira delas, do 18 ao 23 de marzo, as persoas que o desexen poderán votar polas súas mensaxes favoritas na páxina do concurso, previo rexistro nesta. Despois, o xurado elixirá as propostas gañadoras entre as 50 máis votadas de cada sección.

No caso dos textos presentados en Instagram, o xurado fará unha preselección de seis mensaxes de entre todas as presentadas e, posteriormente, do 1 ao 6 de abril, o público poderá votar pola súa favorita. Rematado o prazo de votación computaranse os gústame que reciba cada mensaxe e gañará aquela que acade o maior número de gústame por parte do público.

A listaxe cos nomes das persoas gañadoras e finalistas nas tres categorías publicarase o 11 de abril tanto nas páxinas web de Xuventude e no Portal da Lingua Galega como nos perfís de Instagram @xuventudegaliciav e @linguagalega. A persoa autora da mensaxe gañadora a través da rede social poñerase en contacto coa organización antes do 22 de abril para reclamar o premio e facilitar os datos de contacto.

Premios e cerimonia de entrega

No que respecta aos premios, establécense tres por cada unha das modalidades web. Os primeiros recibirán unha tableta, os segundos un altofalante bluetooth e os terceiros uns cascos sen fíos. Pola súa parte, a de Instagram terá unha única persoa gañadora que recibirá unha tableta. A data da cerimonia de entrega dos premios, esta publicarase no espazo web específico deste concurso, onde tamén se poderán consultar as bases completas para participar.

0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_bico_redideal_251125_tamara