A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, presentou recentemente ante o Consello da Xunta o plan para substituír e reforzar os pavimentos esgotados en preto dunha trintena dos 122 portos autonómicos. O Goberno galego investirá deste xeito 1,6 millóns de euros para acometer estes diversos traballos.
As obras terán un prazo de execución de nove meses, tal e como recolle a acta de adxudicación do contrato. O importe de adxudicación supón unha baixa de 185.000 euros netos e dun 10,2 porcentual respecto ao importe inicial de licitación.
Deste plan beneficiaranse 26 portos das tres provincias costeiras da comunidade, cun investimento que superará o millón e medio de euros
Na área da Coruña e de Betanzos, actuarase nos firmes dos viarios dos portos de Lorbé (no Concello de Oleiros) e no de Betanzos. Mais no entorno da provincia coruñesa tamén haberá outras actuacións, como as que se levarán a cabo nos peiraos de Ortigueira, Cariño ou Cedeira, na zona de Ferrol, ou os traballos de reposición que se desenvolverán no Porto de Malpica, no de Laxe, no de Camelle ou no de Camariñas, por exemplo.
No marco deste plan executaranse obras que inclúen a dotación de novas capas de firmes de reforzo, a reposición naquelas zonas nas que o pavimento fora esgotado e a reposición de firmes de formigón armado, ademais de labores de saneo de explanadas. Como complemento destas actuacións, atenderase tamén a deixar a cota os pozos, arquetas e sumidoiros existentes e pintarase nova sinalización horizontal. Deste xeito, Portos de Galicia prevé mellorar a seguridade viaria de condutores e peóns que transitan pola zona.
Este plan beneficiará a 26 portos das tres provincias costeiras. Na provincia de Lugo actuarase nos portos de Ribadeo, no que se investirán 78.500 euros; Rinlo, tamén en Ribadeo, con 5.600 euros; Burela, con 66.200 euros, e Viveiro, con 85.600 euros. Polo que respecta á provincia da Coruña as obras realizaranse nos portos de Ortigueira, cunha inversión de preto de 104.000 euros; Cariño, con case 16.000 euros; Cedeira, con 42.000 euros; Betanzos, con 40.000 euros; Lorbé, en Oleiros, con 43.000 euros; Malpica, con 46.000 euros; Laxe, con 40.000 euros; Camariñas, con 120.000 euros; Camelle, tamén en Camariñas, con 50.500 euros; Porto do Son, con 40.000 euros; Ribeira, con 180.000 euros; A Pobra, con 50.000 euros, e Rianxo, con 95.500 euros.
A dotación de novas capas de firme, labores de saneo e reposición de marcas viais copan a meirande parte dos traballos a desenvolver
Finalmente, en Pontevedra reporanse os firmes e pavimentos nos portos de Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa), cunha inversión de 36.000 euros; Tragove e Santo Tomé, ambos en Cambados, con 103.000 e 55.000 euros, respectivamente; O Grove, con 76.000 euros; Meloxo, tamén no Grove, con 56.000 euros; Combarro e Campelo, ambos en Poio, con 95.000 e 27.000 euros, respectivamente; Bueu, con 29.000 euros e finalmente Cesantes, con 32.000 euros.
Todas esas inversións de Portos de Galicia destinaranse, principalmente, a subsanar os problemas de pavimentos esgotados que presentan na actualidade a meirande destas estradas xunto aos peiraos autonómicos.
Deste xeito, nestas estradas dos portos galegos procederase a repór as capas de rodadura nas zonas con firmes máis deteriorados. Entre os traballos a realizar nos vindeiros meses, tamén se reporán firmes con novas capas. Na meirande parte dos casos de actuación, é necesario tamén a reposición das marcas viais, ben por inexistentes, ben por ser borradas polo paso do tempo e polas inclemencias meteorolóxicas. Nalgúns casos, como o que atinxe ao porto de Betanzos, é necesario incluso a colocación de novos sinais.
En casos concretos, como pode ser o do porto de Camelle ou o do Porto do Son, haberá que actuar tamén nos rexistros e sumidoiros, para ubicar as súas tapas na mesma cota que o resto do pavimento. Noutros, como o da Pobra do Caramiñal ou o de Combarro (Poio), tamén será necesario acometer tarefas de demolición de firmes, posterior saneo e, finalmente, reposición con capas de formigón armado en zonas puntuais das explanadas deses peiraos.
CIFRAS |
40.000 EUROS |
43.000 EUROS |
120.000 EUROS destinaranse a actuacións no porto de Camariñas, a maior inversión deste programa. Melloraranse o firme e as marcas viais |
1,6 MILLÓNS de euros aportará Portos de Galicia para levar a cabo todas estas obras de mellora nas estradas dos diversos peiraos autonómicos |
Xa houbo outras inversións para actuacións similares, xunto a outras como obras de mellora da iluminación, ao longo do ano 2024.
Un exemplo foi a visita do conselleiro do Mar, Alfonso Villares, ao porto de Laxe o pasado mes de abril. Alí acudiu, xunto a representantes das confrarías e do goberno municipal de Laxe, para trasladar investimentos cos cales poder desenvolver actuacións nesta zona portuaria da Costa da Morte. Ademais de renovar o pavimento dos seus viarios, naquela visita Villares anunciaba inversións para instalar iluminación led.
Portos de Galicia tamén levou a cabo investimentos noutros portos galegos como o de Camelle. Neste caso, o traballo era a dragaxe no porto do municipio coruñés de Camariñas. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, e o presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, visitaban este verán o lugar no que se desenvolverían as obras, ás que se adicaron 158.000 euros. A intención era actuar nunha superficie de 7.500 metros cadrados fronte á liña de atraque para mellorar as condicións de operatividade.
Cabe lembrar que polo conxunto dos portos autonómicos pasaron este verán máis de 4.100 barcos de recreo. Isto supón que o total (4.141) supón un aumento do 7% en relación ao tránsito no verán de 2023.
Ademáis, o número de pernoctas (as noites que permanecen estas embarcacións en tránsito no porto) foi de 18.402, o que supón 6.200 máis que no verán do ano anterior. As dársenas con maior afluencia deste tipo de embarcacións son as de Combarro, Muros e Viveiro.
CLAVES |
Nove meses para executar os traballos nestas estradas |
Betanzos e Lorbé copan os investimentos no entorno da Coruña |
Máis dun millón e medio de euros para a posta en marcha do plan |