O BNG denuncia que A Coruña segue sen poñer en marcha a ordenanza do galego catro anos despois de aprobala

A concelleira Mercedes Queixas sinala que seguen sen desenvolverse as súas ferramentas básicas: o plan de normalización e o Consello Local da Lingua
O BNG denuncia que A Coruña segue sen poñer en marcha a ordenanza do galego catro anos despois de aprobala
Mercedes Queixas | Quintana

A concelleira do BNG Mercedes Queixas vai levar ao Pleno do vindeiro xoves, 5 de xuño, "o incumprimento por parte do Goberno Local de aspectos esenciais da Ordenanza do Galego, aprobada en xuño de 2021" grazas ao impulso da formación nacionalista.

 

“Que avaliación fai o Goberno Local do Plan de Normalización Lingüística e do Consello Local da Lingua?, así reza a pregunta oral que Queixas lle vai dirixir ao Goberno de Inés Rey.

 

Queixas pregunta por estas cuestións por ser precisamente aspectos centrais da Ordenanza que non se teñen desenvolvido até o de agora, sinalan dende o Bloque. “Que mensaxe lle transmite ás coruñesas e aos coruñeses a alcaldesa incumprindo unha ordenanza municipal? Canto vale a palabra de Inés Rey?”, pregúntase a concelleira nacionalista.

 

Catro anos despois da aprobación da Ordenanza -A Coruña foi a última das cidades galegas en se dotar dunha norma lingüística deste rango, explican-, o Goberno Local “segue a velas vir” e sen levar á práctica “dúas ferramentas tan fundamentais como o Plan de Normalización e o Consello Local da Lingua”.

 

“Estamos perante un manifesto incumprimento do Acordo de Investidura”, remarca Queixas, quen, “nun momento de emerxencia lingüística”, demanda do Goberno Local “que deixe de imitar o PP, cumpra a súa palabra e se coloque a favor do galego no terreo dos feitos”.

O BNG denuncia que A Coruña segue sen poñer en marcha a ordenanza do galego catro anos despois de aprobala

Te puede interesar