"Somos o que lemos" na Fundación Luis Seoane

O vindeiro xoves, 1 de xuño de 2023 ás 20.00h na Fundación Luis Seoane de A Coruña celébrase unha nova sesión do ciclo "Somos o que lemos". Ese día contaremos con Óscar Martínez como autor invitado. O historiador de Arte, Miguel Ángel Cagigal, coñecido como El Barroquista, conversará co autor do seu libro máis recente, El eco pintado (Siruela, 2023).  Coordina este ciclo literario Javier Pintor. Entrada libre ata completar aforo.


Óscar J. Martínez García (Almansa, Albacete, 1977) Doutor en Belas Artes e licenciado en Historia da Arte, desde fai máis de dez anos é profesor de historia da arte, arquitectura, fotografía e deseño. Tras unha etapa como pintor, debuxante e gravador, na que participou en diversas exposicións individuais e colectivas tanto en España como no estranxeiro, en 2001 publica o seu primeiro libro, Umbrales, un ensaio a través da simboloxía e os segredos da cultura, a arte e a historia de diferentes períodos.

Fecha inicio: jueves, 1 de junio de 2023 20:00
Lugar: Fundación Luis Seoane
Dirección: Fundación Luís Seoane, Calle de San Francisco, A Coruña, España
Volver a la Agenda

Próximos eventos