A Escola Infantil Municipal de Monte Alto xunto ao ANPA Titongo, organiza o 15 de maio ás 17:30 horas unha festa chea de música, ritmo e comunidade para celebrar o Día das Letras Galegas 2025, dedicado ás nosas cantareiras que tanto fixeron pola transmisión oral.
Os nenos da Escoliña levan semanas afiando a garganta co mestre Félix Arias para abrir a festa como se merece: cantando, tocando e bailando. Os pequenos estarán acompañados por un cuarteto tradicional formado por algúns pais e nais da escola, así que se tes pandeireta, gaita, tambor, voz e ganas de bailar, xa sabes onde tes que acudir.
Unha vez rematada a actuación haberá barra libre para a festa, que será para todos e na que sortearán máis de 300 euros en produtos do barrio achegados de forma altruísta polos comerciais de Monte Alto.
Os fondos recadados irán ao ANPA para poder así seguir organizando festas, contos e aventuras para os máis pequenos da casa.