​"Xogando a ser Picasso" no Fórum Metropolitano

O mércores 24 de maio ás 18.30 h temos na Biblioteca Fórum o obradoiro "Xogando a ser Picasso" impartido por Tonecho Otero. Achegamento da figura do pintor aos nenos entre 6 e 12 anos mediante a práctica, facendo esculturas en papel, que é unha das facetas menos coñecidas do autor.


Aínda que nalgúns casos estas pezas eran pequenas maquetas que logo pretendía facer en ferro, a maioría eran obras finais, é dicir, esculturas de papel. Coma moitos outros nenos, Picasso creou os seus primeiros recortables moi novo, pero durante toda a súa vida serviuse do papel para crear obras de arte.

Fecha inicio: miércoles, 24 de mayo de 2023 18:30
Lugar: Fórum Metropolitano
Dirección: Fórum Metropolitano, Calle Río de Monelos, A Coruña, España
Volver a la Agenda

Próximos eventos