Ciclo de conferencias “Experiencias en Arquitectura. Investigacións e realizacións recentes”

O vindeiro martes 17 de xuño dará comezo Ciclo de conferencias “Experiencias en Arquitectura. Investigacións e realizacións recentes” encadrado nos “Martes das Artes” e composto por 7 conferencias. A actividade está coordinada polo arquitecto e académico Xosé Manuel Casabella López.

A primeira conferencia titulada “A (auto)identificación da arquitectura galega contemporánea (1970-2000): debate interior e crítica externa”, será impartida por Santiago Rodríguez Caramés e na mesma tratarase acerca do un proceso de (auto)identificación e (auto)consciencia da arquitectura galega das últimas décadas do século, tanto dentro como fóra do seu ámbito. O primeiro dos factores que condicionan isto é a aparición do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a Escola Técnica Superior de Arquitectura nos setenta, dúas institucións fundamentais para colocar as problemáticas galegas no centro da profesión, así como a creación dun corpus académico e divulgativo fundamental para entender súa historia arquitectónica e urbana. En segundo lugar, o Estado das Autonomías contribuíu a definir ese feito diferencial de Galicia dentro do conxunto dun Estado construído ideoloxicamente arredor desa idea de pluralidade e que, por conseguinte, alicerzou unha crítica arquitectónica pendente do que se estaba a construír no país. Ao longo desta conferencia veremos como é que se definiu esa (auto)identificación, o intento por definir unha galeguidade da nosa arquitectura e o signo das visións exteriores, moitas veces definidas por un certo atavismo e compoñente telúrica do finis terrae.

Todos os actos do ciclo terán lugar ás 20:00 horas no Salón de Actos da Real Academia Galega de Belas Artes (Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1. A Coruña) con entrada libre ata completar capacidade.

Fecha inicio: martes, 17 de junio de 2025 20:00
Fecha fin: martes, 17 de junio de 2025 22:00
Lugar: Salón de Actos da Real Academia Galega de Belas Artes
Dirección: Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1. A Coruña
Volver a la Agenda

Próximos eventos