Día das Letras Galegas en Méndez Núñez

Será a cita previa á celebración do Día das Letras Galegas este mércores, cunha chea de actividades previstas nos xardíns de Méndez Núñez nas que se mesturarán literatura, artesanía, música, bailes tradicionais e que terá como acto central a lectura pública de textos de Francisco Fernández del Riego, persoeiro ao que está dedicado este día. Será ás 12.30 horas, aínda que os actos se iniciarán xa ás 11.00 horas e terán continuidade pola tarde a partir das 18.00 horas.


Mércores 17. Día das Letras Galegas

Xardíns de Méndez Núñez

11.00 h. Actuación da Aturuxo A.F.

11.30 h. Actuación da A.C. Donaire

12.00 h. Actuación da A.C. Son D´Aquí

12.30 h. Lectura pública de textos de Francisco Fernández del Riego

13.00 h. Actuación de Cántigas da Terra

13.30 h. Faladoiro: Espectáculo poético musical: Chulísima con Aldaolado

18.00 h. Faladoiro: A Coruña Literaria, presentado pola A.C. Alexandre Bóveda. Participan Carmela Galego, Jorge Castro e M.ª Xosé Bravo.

18.00 h-21.00 h. Obradoiro: Realización de pulseiras de coiro(2 quendas)

19.30 h. Faladoiro: A Cidade. Marta Otero e Lois Alcayde conversan con Felipe Senén e Xosé Alfeirán.

20.30 h. Faladoiro: Espectáculo poético musical: Lúa Mosquetera (acompañada de Pablo Seijas)

Fecha inicio: miércoles, 17 de mayo de 2023 11:00
Lugar: Xardíns de Méndez Núñez
Dirección: Av. Jardines de Méndez Núñez, n 15006, A Coruña, España
Volver a la Agenda

Próximos eventos

jueves 25
viernes 26