Presentación a cargo de Xurxo Souto acompañado das veciñas e veciños do Castro de Elviña e actuacións musicais de Maghúa, Le Gall-Carré, Os Rexumeiros e Luar na Lubre.
Haberá unha liña lanzadeira con itinerario desde a praza de Pontevedra (na parada fronte ao IES Eusebio da Guarda), que fará parada en Juan Flórez, San Pedro de Mezonzo, Alfonso Molina, Paxariñas e na pasarela de Matogrande. O primeiro bus sairá da praza de Pontevedra ás 18.00 horas e haberá unha frecuencia de 10 minutos ata ás 19.30 horas, cando pasará a ser de 30 minutos ata ás 22.00 horas.
Á finalización dos concertos, a partir das 23.00 horas, haberá catro buses lanzadeira desde o Castro de Elviña cara aos distintos barrios da cidade. O primeiro irá ao Barrio das Flores, pasando por Camilo José Cela, avenida de Monelos, Castrillón, Os Castros, avenida de Oza e Catro Camiños. O segundo conectará con Monte Alto a través de Alfonso Molina, praza de Ourense, Juana de Vega, San Andrés e Campo da Leña. O terceiro bus irá ata Os Rosales por Alfonso Molina, rolda de Outeiro e Labañou. O último irá ata Novo Mesoiro.
Venta de entradas desde 10 euros