Día da Galiza Mártir

O luns, 18 de agosto, ás 19.30 h, como todos os anos, a AC Alexandre Boveda conmemora o Día da Galiza Mártir, en Catro Camiños, diante da escultura a Alexandre Bóveda.


Contarán coas intervencións de Goretti Sanmartín, alcaldesa de Santiago de Compostela, e Marisol García Juárez, presidenta da AC Alexandre Bóveda.


E como xa é tradición, terán unha pequena intervención musical, nesta ocasión a cargo de Davide Salvado e Fransy González, dúas das voces máis representativas da música tradicional galega. Davide, formou parte de proxectos como Ecléctica Ensemble e reprepresentou Galiza no WOMEX 2014 co seu trío solo trad + contemporáneo. Pola súa banda, Fransy González, que participou nun grupo de investigación para recoller cantos tradicionais na comarca de Bergantiños, levou a cabo un intenso labor de recuperación do repertorio vocal tradicional.


A Irmandade Galega de Arxentina, presidida por Castelao, decidiu instituír, coincidindo co aniversario do fusilamento de Bóveda, como o día da Galiza Mártir. Nesta data os colectivos renden homenaxe a todas as as vítimas da represión franquista.

Fecha inicio: lunes, 18 de agosto de 2025 19:30
Fecha fin: lunes, 18 de agosto de 2025 21:30
Lugar: Monumento a Bóveda en Catro Camiños
Dirección: Rotonda Cuatro Caminos, A Coruña, La Coruña, España
Volver a la Agenda

Próximos eventos

lunes 18
martes 19
miércoles 20