Acto de homenaxe a Rafael Astor Casalderrey

Este venres 18 de xullo, ás 12:30h,celebrarase no parque Nirvana -xunto á glorieta do Che Guevara- o acto dehomenaxe a Rafael Astor Casalderrey, enxeñeiro de Camiños, Canais ePortos e fillo adoptivo de Oleiros, falecido en 2022. Durante o actodescubrirase unha placa co seu nome, que pasará a denominar este espazopúblico, en recoñecemento á súa extraordinaria contribución profesional ehumana ao concello.

O acto, organizado polo Concello de Oleiros xunto ao Colexio de Enxeñeiros deCamiños, Canais e Portos de Galicia, comezará ás 12:30h coa presentación acargo de Enrique Urcola Fernández-Miranda, decano da Demarcación de Galiciado Colexio de Enxeñeiros. Seguirá un recordo de Rafael Astor por parte deFrancisco Cobas Vázquez, arquitecto técnico, e Carlos Nárdiz Ortiz, enxeñeirode Camiños, Canais e Portos. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane,pechará institucionalmente o acto, que concluirá ás 13:15h co descubrimentoda placa en homenaxe a Rafael Astor Casalderrey.

Fecha inicio: viernes, 18 de julio de 2025 12:30
Lugar: Parque Nirvana, Oleiros
Volver a la Agenda

Próximos eventos

jueves 17