O xoves 19 de xuño, celebrarase, ás 19 h, na libraría Berbiriana da Coruña, a presentación de "Fóra de foco", de Cristina Pato. Acompañando a autora, estará Dorés Tembrás, poeta.
Tras dar á luz a súa primeira novela "No día do seu enterro" (Editorial Galaxia, 2022), a escritora, música e educadora Cristina Pato regresa ás librarías cun novo título que leva por título "Fóra de foco".
Nesta nova obra, Pato mergúllanos na historia de Marieta Carracedo, unha xornalista de Madrid que se obsesiona co misterio que rodea a figura da fotógrafa Basil Cancela, unha artista neoiorquina que, no cumio da súa carreira, decide desaparecer da escena pública e destruír a súa obra. A procura das razóns que motivaron unha decisión tan radical leva a Marieta a iniciar unha viaxe que vai máis alá da investigación; unha exploración íntima que a obriga a cuestionar os alicerces da súa propia vida.