Faladoiro con Olga Kirk sobre as cantareiras e a tradición oral

O xoves 19 de xuño, ás 20 horas en Portas Ártabras teremos un “Faladoiro arredor das cantareiras e a tradición oral” da man de Olga Kirk que leva máis de 30 anos dedicada ao traballo de investigación etnógrafica de campo sobre a música e o baile tradicionais, e desde aquela se dedica profesionalmente ao seu ensino, amais toca a pandeireta e outras percusións de man, tamboril e bombo, acordeón diatónico e por suposto, é cantante.

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, que en 2025 se dedica ás cantareiras como transmisoras orais da nosa tradición, Olga Kirk presenta unha proposta para que a xente estudosa sobre a música doutros ámbitos poida coñecer a riqueza da nosa cultura oral transmitida interxeracionalmente, incluíndo algún exemplo práctico, como a aprendizaxe dalgún tema sinxeliño das mulleres a quen se lle dedica esta homenaxe.

Entrada libre ata completar aforamento.

Fecha inicio: viernes, 20 de junio de 2025 20:00
Fecha fin: viernes, 20 de junio de 2025 21:30
Lugar: Portas Ártabras
Dirección: Rúa Sinagoga, 22, bajo, 15001 A Coruña
Volver a la Agenda

Próximos eventos