Concerto de Leria

Leria serán as protagonistas da segunda actuación do oitavo ciclo pola Igualdade na Música e nas artes Elas Son Artistas. O Concello de Arteixo acollerá este venres 6 de xuño ás 20.30 horas o seu concerto no Auditorio Municipal, a carón do paseo fluvial. Os directos de Leria, que veñen de actuar nas Festas da Ascensión de Santiago de Compostela, son pura diversión sen esquecer pequenas reivincidacións que van calando na audiencia mentras bailan. Cancións en galego e un público quee vai medrando en cada unha das súas actuacións.


A entrada para o concerto custa 3 euros en anticipada na plafaforma do propio concello Eventos Arteixo e un euro máis acudindo á taquilla do Auditorio dende unha hora antes do concerto.


O ciclo continuará nos vindeiros meses nos diversos concellos da área metropolitana con actividades moi diversas. Un obradoiro de poesía de Lucía Aldao, a actuacion da murciana María Ruíz na Praza de Azcárraga con pintura en directo de Mamen Bazarra, a actuación da norteamericana Kate Clover, a exposición de Julia Lago e así ata finais de novembro.


O ciclo é posible grazas á colaboración dos diversos concellos e tamén de empresas como a constructora Citanias, Gadis, o viño Marieta de Bodegas Martín Codax, Igualdade da Xunta de Galicia, Coca-Cola e as Asociacións AIE Artistas, Intérpretes e Executantes e República Musical Mardi Gras.


Fecha inicio: viernes, 6 de junio de 2025 20:30
Fecha fin: viernes, 6 de junio de 2025 22:30
Lugar: Auditorio Municipal de Arteixo
Dirección: Centro Cívico Cultural de Arteixo Manuel Murguía, Rúa Alcalde Baldomero González, Arteixo, España
Volver a la Agenda

Próximos eventos

viernes 6