Proyección | '40 anos de astronomía'

A Casa das Ciencias celebra ’40 anos de astronomía’ cunha sesión especial no Planetario. Proxectarase este venres 30, cando tamén se celebrará o acto que conmemora o 40 aniversario do primeiro Museo Científico da cidade.

A Casa das Ciencias organiza unha sesión especial de planetario en directo con motivo do 40 aniversario da inauguración do museo, que tivo lugar o 1 de xuño de 1985. Nesta sesión realizarase un breve repaso aos principais fitos astronómicos destes 40 anos, acompañado da proxección do ceo na cúpula do planetario.

Para asistir hai que realizar unha reserva de entradas, gratuítas, que poderá facerse desde as 9.00 horas do venres 30 de maio nesta páxina: https://ticketing.coruna.gal/mc2/cc40/

Por outra banda, o Concello celebrará tamén o venres un acto conmemoración para festexar o aniversario, que contará coa participación da alcaldesa, Inés Rey, e no que tomarán parte tamén nenos e nenas que gozarán dunha sesión do planetario así como científicas que ocupan distintos postos e que contarán a súa propia experiencia vital coa Casa das Ciencias. Por outra banda, o vindeiro luns, 2 de xuño, celebrarase en María Pita o acto de nomeamento como Fillo Adoptivo da cidade a Moncho Núñez, grande impulsor dos Museos Científicos Coruñeses.

Fecha inicio: viernes, 30 de mayo de 2025 19:30
Lugar: Casa de las Ciencias
Dirección: Casa de las Ciencias, A Coruña, La Coruña, España
Volver a la Agenda

Próximos eventos

jueves 5