Portas abertas do novo espazo TEU

O Concello da Coruña celebrará este xoves, 22 de maio, unha xornada de portas abertas para presentar á cidadanía o novo TEU do Birloque, situado no recentemente inaugurado Centro Veciñal do barrio (avda. de Glasgow, 5). O equipamento permanecerá aberto ao público de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas, cun programa que inclúe agasallos e actividades infantís para que as familias coñezan de primeira man as posibilidades do espazo.

O TEU do Birloque convértese no quinto local da rede municipal de espazos TEU —xunto ao Faro de Oza, os dous locais da rúa Ribeira Sacra en Novo Mesoiro e o TEU Azahar no barrio das Flores—, un servizo gratuíto que permite á veciñanza reservar locais para celebracións familiares, obradoiros, reunións ou actividades asociativas puntuais. O novo equipamento dispón dun aforo máximo de 30 persoas.

Desde o día seguinte á xornada de portas abertas, as reservas realizaranse a través da aplicación de cita previa (https://citaprevia.coruna.gal/) ou no teléfono de atención cidadá 010, que posibilita solicitar datas cun mínimo de 15 e un máximo de 60 días de antelación, evitando desprazamentos e axilizando o trámite. Para garantir o acceso de toda a veciñanza, cada persoa poderá facer uso destes espazos un día ao mes e até 12 días ao ano.

Fecha inicio: jueves, 22 de mayo de 2025 12:00
Fecha fin: jueves, 22 de mayo de 2025 20:00
Lugar: Centro Veciñal de O Birloque
Dirección: Avenida Glasgow 5, A Coruña, La Coruña, España
Volver a la Agenda

Próximos eventos

jueves 22
viernes 23