Estrea “Raíces. Da utopía en diante”

O xoves 15 de maio o CEIDA, en colaboración co Concello de Oleiros, organiza a estrea da curtametraxe ‘Raíces. Da utopía en diante’, unha produción audiovisual de Feitoría Verde e Illa Bufarda ambientada nun futuro utópico e protagonizada por un grupo de mulleres da parroquia de Biduído, no Concello de Ames.

Unha curta que ten como obxectivo amosar un futuro posible e desexable; un futuro esperanzador que, partindo da realidade cotiá dun grupo de mulleres, convide a imaxinar outra forma de facer e de relacionarse, entre nós e coa natureza. Medio ambiente, xénero, ruralidade e comunidade son os piares dunha historia que aspira a facernos ver o mañá doutro xeito.

A proxección terá lugar ás 20:00 horas, no Auditorio A Fábrica. Posteriormente realizarase un coloquio no que participarán as mulleres protagonistas da película da Asociación Veciñal O Reguiño, ademáis das entidades impulsoras do proxecto.

A asistencia é de balde ata completar aforo. Non é preciso reserva de praza. 

Fecha inicio: jueves, 15 de mayo de 2025 20:00
Lugar: Auditorio A Fábrica, Oleiros
Volver a la Agenda

Próximos eventos

jueves 15