Jano Muñoz no ciclo "Artista Galegos. O autor e a súa obra"

Prosegue o Ciclo “Artistas Galegos. O autor e a súa obra” desta tempada, actividade coordinada polo académico Xurxo Lobato e encadrada nos “Martes das Artes”, nos que se coñece de primeira man a obra dos creadores galegos explicada por eles mesmos; saber o seu proceso creativo, as motivacións para crear ou a evolución da súa traxectoria.


O segundo acto do ciclo terá lugar o vindeiro día 6 de maio co artista plástico Jano Muñoz.



Naceu en Coruña en 1971, estudou na Escola de Artes e se graduó na especialidade de Escultura. O mesmo ano da súa gradación fixa a súa residencia en Barcelona onde pasa a formar parte dun grupo creado pola Generalitat de Catalunya coa finalidade de promocionar a 25 artistas novos do momento, dentro e fóra da Comunidade.


Ao longo da súa carreira recibe premios e seleccións en certames como Unión Fenosa, bienal de realismo e figuración de Murcia, premio Kronenbour de Barcelona, certame Díaz Pardo, premio Endesa de pintura ao natural... Expuxo en salas como Lola Anglada en Barcelona, sala Blanquerna en Madrid, Museo de Arte Contemporánea de Viana do Castelo, Fundación Caixanova de Vigo e innumerables exposicións na súa Comunidade de orixe, así como colectivas itinerantes coa Generalitat de Catalunya, Xunta de Galicia ou Deputación de Coruña, destacar a súa última exposición no Quiosco Alfonso da Coruña.


Entre os últimos retratos institucionais pintados por este autor atópanse: retrato presidencial da Real Academia da Lingua, retrato oficial do Bispado de Lugo, o retrato oficial de alcaldía da cidade da Coruña ou o retrato institucional para o ministerio de xustiza.


A obra de Jano Muñoz atópase actualmente nas principais coleccións galegas como a Fundación María José Jove, Fundación Caixanova, Xunta de Galicia Deputación da Coruña ou Museo de Belas Artes de Coruña.


Todos os actos do ciclo terán lugar ás 20:00 horas no Salón de Actos da Real Academia Galega de Belas Artes (Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1. A Coruña).

Fecha inicio: martes, 6 de mayo de 2025 20:00
Fecha fin: martes, 6 de mayo de 2025 22:00
Lugar: Salón de Actos da Real Academia Galega de Belas Artes
Dirección: Real Academia Galega de Belas Artes, Plaza del Pintor Sotomayor, A Coruña, La Coruña, España
Volver a la Agenda

Próximos eventos