A pousada da pantasma coxa de AC FAÍSCAS
Venres 29 de novembro / 20:30 h /Auditorio CCC de Arteixo Manuel Murguía
Teatro/Comedia - Todos os públicos (+12 anos)
Duración: 75 minutos - Con invitación
Mariquiña e Teresiña son dúas camareiras de piso que traballan nun pequeno hotel propiedade de dona Sabela. O establecemento ten moitos problemas para facer fronte ás débedas e, para atraer clientela, ofertan o lugar como encantado por unha pantasma coxa que aparece polas noites.