O domingo 25 celebrarase unha conversa moi especial arredor das cantareiras homenaxeadas no Día das Letras Galegas 2025 na Fundación Luís Seoane.
Domingo 25 de maio:
11:30 h. na Fundación Luis Seoane: conversa arredor das cantareiras homenaxeadas no Día das Letras Galegas 2025: Adolfina e Rosa Casás Rama (Vila da Igrexa, Cerceda), Eva Castiñeira Santos (Agranzón, Muxía) e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda (Mens, Malpica).
13:00 h. na Fundación Luis Seoane: intervención musical do dúo Casás&Barcia.