• Viernes, 17 de Agosto de 2018

GALICIA

Video - Incendio dun catamarán na illa da Toxa III

O incendio dun barco de pasaxeiros nas inmediacións da Toxa, fronte ao porto do Grove, causou onte 38 feridos, cinco deles graves, e xerou unha gran alerta polo intenso fume. Os dous doentes de maior gravidade foron trasladados ao Chuac, onde permanecen ingresados na unidade de queimados. O accidente produciuse cando o catamarán bateu cunha batea.