Das honorabilidades

Estas cousas van por barrios. E depende sempre da óptica que empregue quen esté considerando estas cuestións. Ademais, as opinións son de tenores e calados diferentes segundo o momento, a ideoloxía, os niveis de ruído que envolven os casos e outros imponderables mais que inflúen na toma de posición e circunstancia. Nunca choveu a gusto de todos. Pero hai cousas que son obvias e que comprometen a honorabilidade de persoas e institucións. Sorprende que o PP propoña como candidato a alguén que pon en entredito a imaxe do Tribunal Constitucional. A unha persoa que ademais, está baixo sospeita de ser quen favoreceu notablemente ao mesmo que fai a proposta, para poder rematar unha carreira na que quedara atascado. Un pago de favores, din algúns, un recoñecemento público dunha impostura como mínimo. O sistema de renovación co CXPX impón que sexa cada partido, unicamente, o que faga as propostas que lles corresponde para cubrir as súas vacantes. Polo tanto que cada pau aguante a súa vela. Corresponde ao PP responder da honorabilidade, idoneidade ou xustiza da súa proposta. Eles son os mentores e polo tanto, os responsables das súas decisións. Non lle corresponde aos demais falar por eles. Efectivamente é un sistema envelenado, pero é o que hai, polo menos de momento. Disentir é lexítimo, pero romper a disciplina de voto é un manobra para a galería. Odón Elorza foi alcalde, e como tal tivo que capear con todo tipo de situacións e seguro que algunhas veces o seu grupo, tivo que votar cousas co nariz tapado, a contra gusto, pero ninguén lle rompeu a disciplina de voto. As cousas das honorabilidades selectivas e con micrófonos, son rexeitables. Dende sempre, as discrepancias foron tratadas a porta pechada.


Amarte ten recendos do íntimo e sagrado -dixo El- unha certeza de lámpada ou de árbore; unha linguaxe solemne de eternidade e sentidos...

Das honorabilidades

Te puede interesar