Arquivan a causa contra os activistas denunciados polos Franco por acceder a Meirás

Arquivan a causa contra os activistas denunciados polos Franco por acceder a Meirás
Vista das pancartas dos 19 de Meirás | aec

O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos acordou o sobresemento provisional e arquivo da causa contra os activistas denunciados polos herdeiros de Franco por unha protesta celebrada en 2017 na o pazo de Meirás durante a que accederon ao inmoble para reclamar a súa devolución a sociedade.

O auto, dado a coñecer este mesmo martes, aínda non é firme e a resolución decreta o arquivo provisional das actuacións, polo que aínda existe a posibilidade de recorrer a decisión do xulgado ante a Audiencia Provincia.

Os feitos remóntanse á mañá do 30 de agosto de 2017, cando este grupo de persoas, entre os que se atopaban diversos membros do BNG (como o deputado Néstor Rego), accederon tanto á leira, ao interior do pazo como á súa cuberta, tras subir polos muros perimetrales da propiedade.






Segundo recolle o escrito, un dos grupos permaneceu no xardín, algúns deles subidos ás balaustradas, con pancartas nas que se lía “Que nos devolvan o roubado. Franquismo nunca máis”.

Na súa resolución, a maxistrada considera que “non pode atribuírse a responsabilidade a todos e cada un dos intervinientes, dun modo xenérico, individualizado ou discriminado”, xa que non pode determinarse “en ningún dos investigados” a causación de danos na cuberta e muros do inmoble.

Por tanto, ao non aparecer “debidamente xustificada a perpetración dos delitos”, así como a persona individualmente responsable dos mesmos, decidiu acordar o sobresemento provisional e arquivo da causa fronte a 17 dos investigados.


Os afectados, coñecidos como “19 de Meirás”, remitiron un comunicado no que mostran a súa satisfacción ante esta “vitoria”. “Enormemente orgullosas e orgullosos do que fixemos aquel agosto de 2017 coa ocupación simbólica do Pazo para denunciar o espolio perpetrado polo Franquismo e reclamar a devolución de todo o roubado ao pobo galego”, indicou o seu portavoz, Anxo Louzao. 

Arquivan a causa contra os activistas denunciados polos Franco por acceder a Meirás

Te puede interesar