Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Cultura

Rosa Cedrón: “Os artistas temos que facer en función do que sentimos, non segundo o que os demais esperan”

0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620

A pandemia retrasouno, mais o terceiro disco en solitario de Rosa Cedrón, “Nómade”, verá por fin a luz. Hoxe a artista ofrece un acústico na FNAC (19.00 horas).

Cal é a orixe do novo disco?

Antes da pandemia andabamos Miguel Arthus e eu dándolle voltas a temas. Chegou a pandemia e parou o mundo, pero tempo despois retomamos o traballo, pensamos no bo e transformamos a situación en oportunidade, a de ter todo o tempo do mundo para o disco.

O confinamento, a información que xurdía do covid... todas esas sensacións reflectíronse dalgún xeito nos temas de “Nómade”?

Non tanto nos textos nin na música, porque xa estaba composto. Por exemplo, “Devolverme el aire” leva nunha caixiña desde 2006, máis ou menos. Pero a presencia do covid vese reflectida en todo porque, evidentemente, é un dos momentos de maior incertidume das nosas vidas. Toda esa enerxía está, pero moi transformada, porque “Nómade” é unha viaxe dende ese estado de escuridade e de tristura cara o positivo, cara a luz.

Era ese o significado que lle quería dar a “Nómade”?

Esa inquedanza da alma, esa necesidade que temos os humanos de evolucionar, de buscar estar mellor, de buscar a felicidade. “Nómade” é unha viaxe que parte dende esa dor, esa tristura, cara unha resolución de conflitos vitais, todo aquelo que tes no teu corazón e na túa alma que non che permite sentirte pleno. Esa búsqueda das almas nómades que están constantemente buscando a felicidade.

Di que inclúe un tema do 2006, como chega a rescatalo?

“Devolverme el aire” era ese tipo de canción que levaba tempo esperando o seu momento, supoño que tamén esperando a que eu me sentise empoderada.

Dicía hai pouco que este era o seu disco máis especial.

É o que sinto máis meu en todos os sentidos. Tamén foi a aventura de lanzarme á produción executiva e artística. Estamos nese momento da vida no que temos que ir cara adiante. Coincide nunha época na que me falta moita da miña xente. Estou nun mar de emocións, pero todas positivas e creo que o disco o reflicte.

É o terceiro disco en solitario, como valora a súa evolución?

Positivamente, non hai nada forzado nin premeditado. Sempre fun de traballar no senso de que as cousas pasen como teñen que pasar. É unha evolución natural. Os artistas debemos ser libres, temos que facer en función do que sentimos, non en función do que os demais esperan, a pesar do risco. Hai artistas, coma min, almas inquietas e rebeldes que precisan facer o que lles pide o corpo en cada momento.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620