Da contundencia

|

España e o seu Exército está facendo unha loable tarefa en Kabul. Unhas difíciles operacións de evacuación de familias afganas, tradutores e colaboradores, con riscos engadidos, tal e como acabamos de vivir co dobre atentado que causou un centenar de mortos e uns 150 feridos. A postura de Casado e do PP é a de sempre, enlodar e parecer que din pero sen dicir, e que apoian ao Goberno, pero nunca fan tal cousa senón a contraria. Non varían a súa folla de ruta baixo ningún concepto, non vaia a ser que a realidade dos feitos lles impida criticar ao Goberno. Así é que fan declaracións amparadas na insolencia dos que non xestionan nada e reivindican a pureza moral dos presuntamente inocentes. Para ver se así logran facernos esquecer as súas actuacións nos episodios durísimos do Yak 42 ou similares. Algúns pretenden con estas declaracións, deixar sempre un asomo de actuación forzada, viciada ou presuntamente ilegal; cousa que, por outra parte, é radicalmente falsa. A Ministra Robles respondeulles coa contundencia que xa lle coñecemos, e coa claridade que a sociedade precisa. Casado, como sempre que non mide o alcance das súas postas en escena, non encaixou moi ben esa acusación de sentir vergoña allea ante a falla do seu sentido de Estado. Pero é o que está facendo dende que lidera o PP. Por moito que responda alterado e insistindo no erro, non modifica a circunstancia de que, novamente, meteu a pata. E Margarita Robles non desaproveitou o agasallo. E tirou de manual e de vísceras. Xa saben vostedes que a verosimilitude, servida coa contundencia adecuada, ten un efecto multiplicador que acaba por poñer a cada un no seu sitio.


Imaxinarte ten un ritual íntimo de afectos –dixo El– coma velas que descobren o sagrado. Imaxinarte ten o secreto da tensión concentrada dun arco peraltado...

Da contundencia