A voda de Alicia e Roi

Chámanse Alicia e Roi, ámbolos dous con idade na liña da mediana do terceiro decenio, porén pode ser calquera outra parella de persoas, sexa cal for o seu sexo, e van casar hoxe coa bendición legal da autoridade civil competente se o tempo nono impide porque esa é outra cousa que suma inquedanza a unha celebración repetidamente demorada por causa da pandemia sanitaria do Covid-19. Se ao feito de romper o teito do refraneiro que nesta ocasión non cumpriu a máxima popular de que “á terceira vai a vencida”, e houbo que agardar a unha cuarta ocasión, agora nun agoiro de mal agrado, a previsión climática anuncia previsión de tempo con ceos cubertos de nubes baixas e probabilidade de chuvia. Metáfora desa especie de conspiración astral que afecta ao universo das mozas e mozos, toda unha xeración, que padece inxustamente a problemática laboral, social e de emancipación da que por formación e valores son sobradamente merecentes e, pola contra, vese condicionada no seu proxecto vital forzado ao ritmo delongado.


Vidas demoradas, na versión do verbo delongar, e dos seus sinónimos postergar e atrasar, como expresión dese proxecto ou cousa que necesita moito tempo ou máis tempo do previsto, lóxico e razoable para a súa realización. Tamén no signo cerimonial da voda coa que se proclama ese compromiso de unión diante do mundo, representado por familia e amigos, aínda que a unión real xa se teña asegurada con moita antelación, mesmo na convivencia diaria en casa común e tempo de vida compartida en ilusións, soños, esperanzas e tamén resignación soportada solidariamente.


Velaí o Informe Mocidade en España, presentado no pasado mes de marzo, asegurando có rigor dos datos da sondaxe científica que a pandemia sanitaria que abarca ás xeografías do planeta Terra profundou nos 

efectos do mercado laboral, atrasando a emancipación e agudizando a desigualdade en moitos dos aspecto fundamentais das vidas persoais e familiares; e con esa base de fondo, na tendencia demográfica do incremento da idade de casamento, número de fillos por muller fértil e mesmo a idade media de concepción do primeiro fillo, único na máis grande parte de ocasións, ocasionando unha distancia de máis de dez anos con relación a súa referencia histórica.


Roi e Alicia, coa solemnidade que outorga o seu compromiso matrimonial, demandan dos poderes públicos políticas económicas e sociais que oferten oportunidades, igualdade de trato e reparto equitativo para construír o edificio familiar de futuro e felicidade que por xustiza lles corresponde.

A voda de Alicia e Roi

Te puede interesar