A Deputación outorga 45 bolsas para os deportistas

A Deputación outorga 45 bolsas para os deportistas
Cristina Capelán conversa ca levantadora coruñesa Irene Blanco | dc

A Deputación da Coruña, na súa labor de promoción, difusión e apoio ao deporte coruñés, ven de conceder este ano 45 bolsas deportivas de 3.500 euros destinadas a deportistas da provincia que destacan en competicións federadas a nivel rexional, nacional e internacional.

A través desta convocatoria destináronse 157.500 euros, que foron a parar a deportistas de diferentes disciplinas. Concedéronse 8 de atletismo, 3 de bádminton, 1 de ciclismo, 9 de halterofilia, 1 de esgrima, 2 de judo, 2 de karate, 1 de loita olímpica feminina, 3 de natación, 2 de piragüismo, 3 de remo, 1 de remo olímpico, 1 de surf, 3 de taekwondo, 1 de tiro con arco, 1 de tríatlon e péntatlon moderno, 2 de vela e 1 de ximnasia.

A deputada de Deportes, Cristina Capelán, afirmou que “un dos propósitos da Deputación é estar ao carón dos nosos deportistas para que podan desenvolver todo o seu potencial, ter acceso á mellor preparación e competir ao máis alto nivel”.

Nos últimos anos o goberno provincial incrementou o importe destinado a bolsas para deportistas, pasando de 30 de 2.500 euros a 45 de 3.500.

Ademais, ampliouse tamén o rango de idades, permitindo que os deportistas de entre 24 e 30 anos poidan participar na convocatoria. Entre os requisitos desta liña estaba o de que os e as solicitantes tiñan que practicar un deporte que pertenza a unha das disciplinas incluídas no programa oficial dos Xogos Olímpicos de Tokio. 


Ademais, os/as candidatos/as tiñan que acreditar o seu historial deportivo durante o ano 2020, constando as participacións e os resultados máis importantes obtidos en competicións autonómicas, nacionais e internacionais e o proxecto deportivo da tempada actual. As bolsas divídense en tres categorías, en función da idade das persoas solicitantes. Así, hai 15 para deportistas de de 12 a 17 anos , 15 para os de 18 a 23 e finalmente outras 15 para os de 24 a 30.

A Deputación outorga 45 bolsas para os deportistas

Te puede interesar