Dépor e Mallorca enfrontaranse na Copa e na Liga na mesma semana en Riazor

Plantilla, cuerpo técnico, médicos y auxiliares del Deportivo posaron ayer todos juntos antes del entrenamiento en el césped de Abegondo susy suárez
|

O Deportivo da Coruña e o Mallorca enfrontaranse na Copa do Rei e no campionato de Liga de forma consecutiva na mesma semana no estadio municipal de Riazor.
O sorteo da Copa que se realizou hoxe deparou que coruñeses e baleares se enfronten na rolda de dezaseisavos de final, primeiro en Galicia, 31 de outubro, e despois nas Baleares, 28 de novembro.
A casualidade quixo que o Deportivo e o Mallorca se enfronten dúas veces nunha mesma semana e en competicións diferentes, primeiro na Copa e despois na Liga, 4 de novembro, e ambas no mesmo escenario, o estadio de Riazor.
"Son anécdotas ou casualidades que se dan a miúdo. Imos xogar a Vigo na próxima semana, despois recibimos o Mallorca na Copa e outra vez xogamos co Mallorca na Liga. Serán dous partidos seguidos na casa que non terán moito que ver, aínda que imos ter o Mallorca até na sopa", recoñeceu o preparador deportivista, José Luis Oltra.
O Deportivo reencontrarase no encontro co Mallorca co técnico Joaquín Caparrós, que levou as rédeas deportivas do club coruñés nas tempadas 2005-06 e 2006-07, en que chegou a un acordo para rescindir o seu contrato coa entidade deportivista, coa que tiña un ano máis de vinculación.
Con Caparrós no banco, o Deportivo chegou ás semifinais da Copa do Rei nas dúas campañas, mais primeiro o Espanyol e despois o Sevilla evitaron que se clasificase para o final do torneo.

Dépor e Mallorca enfrontaranse na Copa e na Liga na mesma semana en Riazor