Dos momentos escuros

|

Estamos afeitos a rutinas. Cada cambio que se produce no noso medio produce unha sensación de como se cheirara a chamusco. É certo que case sempre os cambios que se foran producindo dende a recuperación da democracia, tiñan algo de revolucionarios. De ir cara adiante e de lexislar para a instauración de dereitos e liberdades. Creamos xuntos a sociedade máis plural e máis aberta. Pero hoxe estamos ante unha tese inédita na nosa aínda xove democracia. O que levaba algún tempo movéndose de xeito soterrado e invisible, fíxose visible. 
Dende as catacumbas do pensamento ideolóxico menos racionalizado e máis visceral asoman ideas carpetovetónicas e fosilizadas que ameazan por obra e gracia das crises e dos radicalismos, con lanzar sobre o pais e sobre a sociedade os maiores males. E por vez primeira a proposta non  é a de crear leis que resolvan problemas, senón a de pretender impor a retirada de leis que foron pioneiras e volver a limitar dereitos de colectivos que sempre estiveron limitados e perseguidos. Incluso devolver competencias ao Estado e eliminar, en definitiva, o propio concepto de estado autonómico. 
Todo o inesperado e descoñecido provoca inquedanza e preocupación e debuxa un escenario inédito onde as diversas hipóteses seguen abertas. Pero tamén debera provocar un movemento de igual intensidade, pero de sentido contrario. Reiniciémonos. Pode que non saibamos ben o que queremos, pero sabemos perfectamente o que non queremos. Reactivémonos. Calquera escuridade por mesta que sexa, é vencida sempre por un simple raio de luz.  
O silencio era un recurso de olladas transeúntes –díxolle El sentido– para sobrevivir recreando cada verso que nacera contigo... nin a voz das treboadas apagaba o discurso do impacto que provocas, nin o caos ordenado de sentirte...

Dos momentos escuros