GAÑAR OU PERDER

Pasadas xa as eleccións autonómicas andaluzas, os entendidos da política electoralista fixeron unha morea de declaracións sinalando gañadores e perdedores. Nós, a xente da rúa, tamén temos o dereito de facer as nosas disquisicións.
Algúns dirían que gañaron todos ou que todos perderon, porén, esculcando máis polo miúdo, poderiamos opinar que gañaron  PSOE, Podemos e Cidadáns e que perderon PP e IU.
Mais isto é así? Coido que o único que gañou foi Cidadáns, pois ningún dos outros conseguiu o seu obxectivo. A maioría absoluta do PSOE, o mantemento do PP, o fin do bipartidismo de Podemos e o mantemento de IU, terán que agardar para outra ocasión.
Cada un terá que atopar o seu fallo; pero no que concirne a Podemos parece que aínda segue existindo a hexemonía de dous partidos, malia que o bipartidismo é máis teórico que real.
Lembremos os numerosos gobernos a dúas ou tres bandas que se fixeron nas diferentes administracións. E haberá máis, seguro. Penso eu, claro.

GAÑAR OU PERDER

Te puede interesar