ALEGRÍAS

Vai para quince días que mantiven unha demorada conversa co meu querido e admirado amigo de vello –son xa corenta anos!–. Xosé Luís Armesto, aínda reitor –en funcións– da UDC. 
Foi con ocasión do enterro de Neira Vilas. Cando se soubo da morte do Pepe, chamoume e decidimos ir xuntos a Gres, en tarde fría e gris. E triste. Como había algún tempo que non falabamos saíron moitos temas. Un deles o da inminente elección do reitor que ía substituílo, dado que el decidira non presentarse á reelección. 
Explicoume, coa lúcida precisión con que adoita facelo, como vía a situación e como agardaba que acabase. E acertou de cheo. Penso que só se equivocou á baixa, pois saíu algo mellor do que albiscaba. Como universitario que son –e así me sinto– desde a mocidade, saber da elección de Julio Abalde como novo reitor da miña Universidade produciume unha desas pequenas alegrías que axudan a facernos a vida máis agradable. Coincido de cheo co seu concepto do que ten que ser a Universidade española. Parabéns, pois, e sorte, caro colega e amigo.

ALEGRÍAS

Te puede interesar